A artesanía enche o Mercado de Malpica

Xa está en marcha dende hai uns días o Mercado Artesán de Nadal do Concello de Malpica. O Mercado municipal engade artesanía á súa oferta de frescos neste nadal. Son as artesás e os artesáns do municipio os que enchen de cultura este espazo singular, poñendo en valor a maneira tradicional de elaborar os seus produtos e a súa extraordinaria calidade.

O Concello invita a regalar produto local, e anima aos creadores a inscribirse, xa que aínda está aberto o prazo, polo que as persoas en interesadas en solicitar posto no recinto, poden chamar ao teléfono do Concello no 981 72 00 01.