As obras da senda peonil entre Xornes, Buño e Canta La Rana arrincarán este ano

Visitaba unha comitiva da Xunta Malpica no día de onte, para presentou hoxe o proxecto da nova senda que unirá Buño con Agualada e con Canta La Rana (AC-421 e AC-422), cuxas obras se comezarán a contratar neste mesmo ano, coa fin de mellorar a seguridade e mobilidade nos Concellos de Malpica e Ponteceso.

Esta senda, entre Xornes, Buño e Canta La Rana, que terá 2 km de lonxitude, construirase pola marxe dereita de ambas as estradas e será de uso compartido, peonil e ciclista. A continuidade entre os dous treitos do itinerario quedará asegurada a través dun paso de peóns. O investimento previsto pola Xunta para esta actuación ascende a preto de 638.000 euros.

Así, os veciños de Buño dispoñan dunha senda -segura, sostible e integrada na paisaxe- para facer os seus percorridos habituais, xa que o itinerario unirá os principais núcleos de poboación e os equipamentos.
Os veciños e usuarios destas novas infraestruturas poderán vir a pé ou en bici de modo seguro ata o campo de fútbol, ata o cemiterio ou ata este colexio Joaquín Rodríguez Otero. Polo tanto, a construción desta senda supón unha clara aposta da Xunta por incrementar a seguridade viaria e por mellorar a mobilidade nesta zona e responde ao obxectivo de fomentar modos de desprazamentos alternativos á utilización do vehículo particular, menos contaminantes e máis respectuosos co medio.

O Plan de Sendas, que a Xunta está a desenvolver en sete comarcas galegas, nesta primeira fase e para esta comarca de Bergantiños, prevé a construción de 7 novas sendas, case 10 km de actuacións.

 

Aberto o prazo de inscrición para o obradoiro Pintar na Rúa

Dende onte está aberto o prazo de inscrición para o obradoiro Pintar na Rúa, que se pon en marcha por terceiro verán consecutivo co dobre obxectivo de iniciar a nenos e mozos na expresión artística e de recuperar espazos degradados do Concello de Malpica.

O taller desenvolverase do 1 ao 12 de agosto. Haberá dúas quendas: de 11.00 a 12.15 horas para os nenos e nenas de 6 a 10 anos, e de 12.30 a 13.45 para os de 11 a 14 anos. En cada grupo haberá 10 prazas, e o prezo da actividade é de 11 euros.

As inscricións poderán facerse ata o día 29 nas oficinas de Educación e Cultura, no Centro Cívico de Malpica, en horario de 09.00 a 13.00. As familias interesadas deben achegar ficha de inscrición correctamente cuberta, fotocopia do libro de familia, da cartilla da Seguridade Social e do DNI dos titores legais, 1 foto tamaño carné e número de conta bancaria.

Fonte

  • Xunta.