As Asoc. O Quinteiro e Visibles únense para celebrar o Día da Muller Rural en Buño

Muller maior mans

Son fermosas sempre as cita que artella a Asociación Visibles arredor da muller. Leva máis de 6 anos organizando eventos de empoderamento como o que prepara para o vindeiro 19 de outubro, aproveitando a data do Día Internacional da Muller Rural (que é o 15/10), 

Para resaltar o papel das mulleres rurais como piares fundamentais nas nosas comunidades, e promover a igualdade de xénero e o progreso social dende dentro, a entidade en colaboración co CEIP Joaquín Rodríguez Otero e a AVCS O Quinteiro, convoca unha serie de obradoiros de coiro, debuxo e cestería SIMULTÁNEOS e GRATUÍTOS nos que aprender e gozar destas marabillosas tradicións e oficios con:

  • O Son das Varas (CESTERÍA)
  • Rakelúa (COIRO)
  • Luz de Moreira (DEBUXO)
     

A cira será de 16:30 a 20:30 no Pavillón do  CEIP Joaquín Rodríguez Otero - Buño, e s prazas son limitadas, puidendo reservar mandando un WhatsApp ao 687996633.