A Biblioteca do CEIP Milladoiro, un perfecto exemplo de fomento da lectura crítica

Kalandraka pasou pola Radio Balea do CEIP Milladoiro de Malpica

A Biblioteca Escolar do CEIP Milladoiro de Malpica segue a ser un exemplo para toda Galicia. A súa actividade é máxima, como podemos comprobar no seu blog, e coas visitas que chegan dende todas partes. Como a ultoma, da familia editorial Kalandraca, que mesmo pasou pola Radio Balea.

As súas responsables participan este días nos Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares (PLAMBE) correspondentes ao curso 2020/2021. A cita, que adeais serviu para que Xunta anunciase que está xa a traballar nun novo Plan LÍA (Lectura, Información e Apredizaxe), reúne onte e hoxe a 750 persoas e conta con relatores de prestixio, como Irene Vallejo, e coa experiencia de 11 centros educativos galegos en diferentes actividades.

Un deses centros é o malpicán, encargado de compartir as súas boas prácticas en fomento da lectura crítica.

A Biblioteca leva moitos anos sendo referencia, dende 1996, como nos explican neste vídeo a responsable Olga Rodríguez. Interesantísimos os proxectos sobre “tratamento da información, e conversión da información en coñecemento”: