Boa maridaxe, con premio, nunha completa fin de semana malpicá

Fin de semana completa a que se vivíu en Malpica. A XI Festa Galega parece que marida de marabilla coa VI Feira Medieval Mariñeira deixando unha fin de semana para o recordo. Durante o día, os postos de artesanía e gastronomía reciben a atención dos visitantes e veciños, amenizados por ducias de grupos de música tradicional. E pola noite, troula con bandas como Susana Seivane, Os da Porfía, ou Luar na Lubre.

A fin de semana deixa ademais un agasallo ben simbólico. Un agasallo en forma de escudo tallado en madeira. Foi o artesán rianxeiro Roberto Figueira Martínez, un dos postos da Feira, o que aproveitou os dous días de feria para ir facendo as súas demostracións de traballo en vivo para facer un fermoso escudo do Concello de Malpica.

É o segundo ano que Figueira ten un detallle co Concello, pois o ano pasado xa doara unha imaxe da Virxe do Carme.

Roberto Figueira entregou un escudo tallado en Madeira ao Concello de Malpica