O Concello de Malpica adxudica a primeira fase do saneamento en Seixas e Vilarnovo
04 de xuño de 2024 (08:27 h.)
O Concello de Malpica anuncia a adxudicación da obra "Primeira fase do saneamento en Seixas e Vilarnovo, unha iniciativa incluída no (POS+) 2023.
Esta importante obra, que busca mellorar as infraestruturas de saneamento en Seixas e Vilarnovo, foi adxudicada á empresa SYR - AMG, S.L. por un importe total de 105.304,53€. O proxecto enmárcase dentro do compromiso continuo do Concello de Malpica de mellorar os servizos.