O Concello de Malpica e as Asociacións preparan un Nadal completo
06 de decembro de 2024 (09:53 h.)
O Concello de Malpica, en colaboración con entidades de Malpica, xa ten conformado o programa completo de actividades para este Nadal que rematará o 17 de xanerio do 2025.
Nadal Malpica ofrece unha ampla variedade de propostas culturais, lúdicas e solidarias. Entre os eventos destacan concursos de coplas, debuxo e pintura, obradoiros temáticos, representacións teatrais, actividades deportivas, exposicións e a tradicional visita dos Reis Magos.