O Concello de Malpica celebra o 8M baixo o lema “Mulleres tocando con forza”

O Concello de Malpica ven de presentar o cartel e a programación, baixo o lema “Mulleres tocando con forza“, con motivo da conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller.

O programa de eventos comezará o venres 7 de marzo coa presentación dun vídeo homenaxe ás 18:00 horas no o Fogar do Pensionista San Adrián do Mar, situado na Casa do Pescador.

O sábado 8 de marzo, de 10:00 a 14:00 horas, instalarase o stand AGRESIÓN OFF na Praza Villar Amigo, un espazo destinado á concienciación e sensibilización sobre a violencia de xénero. Ás 12:00 horas, no mesmo emprazamento, terá lugar a lectura do manifesto institucional.