O Concello de Malpica coordina con Costas novas actuacións no paseo marítimo
11 de outubro de 2019 (15:16 h.)
O alcalde de Malpica, Walter Pardo, e o concelleiro de Obras e Urbanismo, Ángel Garrido, mantiveron unha reunión co xefe de Demarcación de Costas de Galicia, Rafael Eimil, para tratar varios temas importantes para a costa, como os accesos ás praias, as terrazas... Destacaron a amabilidade e boa predisposición de Eimil, durante unha reunión que cualificaron como proveitosa.