Concello de Malpica e Deputación renovan o convenio para a xestión do Forno do Forte
02 de xaneiro de 2024 (09:53 h.)
Como vén sendo habitiual nos últimos anos, o convenio permite que a Deputación da Coruña achegue o 100% dos gastos para o funcionamento do complexo etnográfico, que xestionará integramente o Concello de Malpica.
Entrou en vigor este 1 de xaneiro, por un importe que ascende a 80.000 euros.