O Concello de Malpica presenta a Programación de Nadal 2025-2026
O Concello de Malpica de Bergantiños deu a coñecer a súa Programación de Nadal 2025-2026, un calendario composto por actividades culturais, educativas, solidarias, deportivas e familiares que se desenvolverán entre os meses de novembro e xaneiro en distintos espazos do municipio. A programación inclúe actividades en colaboración coas asociacións culturais, deportivas, educativas e sociais do Concello.
Concursos e exposicións iniciais
O programa arranca do 11 ao 21 de novembro co Concurso Escolar de Debuxo e Pintura de Nadal, no que participa o alumnado do CEIP Milladoiro, CEIP Joaquín Rodríguez Otero, Escola de Mens do CRA A Nosa Señora do Faro e IES Urbano Lugrís. As obras premiadas publicaranse como motivo dos materiais gráficos municipais de Nadal e acompañaranse dun lote de libros.
Entre o 15 de novembro e o 15 de decembro, a A.C. Raigañas promove o Concurso de Contos e Debuxos de Nadal, que debe presentarse en galego e cunha temática relacionada co Nadal, a música e o baile. As entregas realizaranse no Centro Sociocultural das Pozacas ou por correo electrónico (acraiganhas@gmail.com).
Do 1 ao 15 de decembro, o Centro Cívico de Malpica acollerá a exposición Prestixe 20 anos, e entre o 8 de decembro e o 8 de xaneiro poderá visitarse no Fogar do Pensionista a Exposición de Belén de Amigurumis, obra de Marta Rojo Amigo.
Do 16 de decembro ao 18 de xaneiro, o mesmo espazo expositivo do Centro Cívico acollerá a mostra Letras cantadas, coa colaboración do Concello de Carballo.
Primeiros actos destacados
Hoxe 5 de decembro terá lugar a entrega de premios do Concurso Escolar de Debuxo e Pintura de Nadal nos centros CEIP JRO Buño, CEIP Milladoiro, IES Urbano Lugrís e Escola de Mens do CRA A Nosa Señora do Faro.
O 7 de decembro, ás 19.30 horas, na Praza Anselmo Villar Amigo, celebrarase o acendido de luces, acompañado dunha chocolatada, a instalación da Caixa do Correo Real e a colocación dos adornos na árbore de Nadal.
Actividades de decembro
13 de decembro (sábado): Charla e vieiro de etnomedicina O uso das herbas medicinais, a cargo da farmacéutica María Moure (María das herbas), dentro do proxecto ECO DE SOL. Ás 17.00 no Salón de Actos da Casa do Pescador.
14 de decembro (domingo): Xornada benéfica de recollida de xoguetes no Campo de Fútbol de Pedra Queimada. Organiza: Sporting Seaia.
17 de decembro (mércores): Visita do Carteiro Real aos centros de ensino:
11.00 Galiña Azul de Cerqueda
11.30 CEIP JRO
12.00 CEIP Milladoiro
13.00 Escola Unitaria de Mens
Colabora: Sporting Seaia.
19 de decembro (venres): Espectáculo A alfombra máxica de Títeres Babaluva, ás 17.00 no Auditorio do Centro Cívico. Para bebés ata 3 anos (prazas limitadas).
20 de decembro (sábado):
• Xornada benéfica de recollida de víveres no Campo de Fútbol de Xaviña (UD Cerqueda).
• Ás 17.30, colocación dunha placa en homenaxe ás Pandereteiras de Mens, con actuacións da AC Raigañas, ACD Carcaxía e AC Malante.
• Ás 19.00, na Igrexa de Mens, presentación do disco Mens de Icía Varela.
21 de decembro (domingo): Contos arredor do lume, por Alba de Vales. Ás 17.00 no Salón de Actos da Casa do Pescador. Para público infantil desde 4 anos.
22 de decembro (luns): Festa infantil con inchables no Pavillón do CEIP JRO, de 17.00 a 19.30. Colabora: ANPA Xaviña.
22, 23, 24, 26, 29, 30, 31 de decembro e 2 de xaneiro: Campamento de Nadal en Seaia (Casa da Cultura de Seaia), de 9.00 a 14.00 para crianzas de 4 a 12 anos. Organiza: A.C.D Carcaxía.
23 de decembro (martes):
• Torneo de bádminton e pickleball, desde as 10.30 no Pavillón Municipal.
• Obradoiro de Redeiras e visita ás instalacións portuarias, na Casa do Pescador, de 16.30 a 18.30, para nenas/os de 3 a 12 anos.
24 de decembro (mércores):
• Papa Noel recibirá ás crianzas desde as 18.00 na Fonte de Anselmo Villar Amigo.
• Recollida de agasallos de 10.00 a 13.00 na entrada das oficinas da Policía Local.
Organiza: AC Malante.
26 de decembro (venres):
• Obradoiro de adornos de Nadal na Casa do Pescador, 17.00–19.00.
• Contos, Cantos e Bailes de Nadal no Centro Sociocultural das Pozacas, desde as 20.00. Organiza: AC Raigañas.
27 de decembro (sábado):
• Día da Convivencia coa xente miúda con obradoiros, xogos e visita do Pendigueiro, de 11.00 a 13.30 no Centro Sociocultural das Pozacas.
• V Foliada de Cantos de Nadal no Auditorio do Centro Cívico:
-
- 20.30: ACD Carcaxía e AC Malante
- 21.00: Concerto dos Viqueiras
28 de decembro (domingo):
• Obradoiro de Origami Tradicional, 11.00–13.00 no Centro Cívico.
• Espectáculo Contamos contos de medo? ás 17.00 na Casa do Pescador.
29 de decembro (luns): Festa infantil con inchables no Pavillón Polideportivo, 17.00–19.30. Colabora: ANPA Ventorrillo.
30 de decembro (martes):
• Xogos multideportivos, de 10.30 a 13.30 no Pavillón Municipal.
• Obradoiro de Redeiras no CAT de Buño, de 16.30 a 18.00.
31 de decembro (mércores):
• VIII San Silvestre Malpicana, con percorridos infantil e sénior.
• Baile de Fin de Ano, no Auditorio do Centro Cívico, de 23.45 a 4.00, coa actuación do Trío Rosel.
Programación de xaneiro
2 de xaneiro (venres): Obradoiro de adornos de Nadal na Casa do Pescador, 17.00–19.00.
3 de xaneiro (sábado):
• Obradoiro de Origami Modular (11.00–13.00, Centro Cívico).
• Representación teatral “Entre Dos”, ás 20.00 no Auditorio do Centro Cívico (a partir de 14 anos).
4 de xaneiro (domingo): Contos para a primeira infancia por Cris de Caldas, ás 17.00 na Biblioteca Eduardo Blanco Amor.
5 de xaneiro (luns): chegada dos Reis Magos a:
• Buño, ás 17.30 (igrexa de Santo Estevo)
• Malpica, ás 19.00
Ademais, percorridos en Cerqueda e Cambre (desde as 16.00), e en Leiloio (desde as 18.30).
6 de xaneiro (martes): Chegada dos Reis Magos a:
• Santiso (10.30), Beo (11.00), Mens (11.30), Barizo (12.00) e Seaia (13.45).
10 de xaneiro (sábado): Inchables no campo da festa de Seaia ás 17.30.