O Concello de Malpica presenta a XXI Mostra de Teatro de Malpica

O Concello de Malpica de Bergantiños pon en marcha unha nova edición da Mostra de Teatro, que se celebrará entre o 31 de outubro e o 13 de decembro no Auditorio do Centro Cívico de Malpica.

A XXI Mostra de Teatro reunirá 9 espectáculos que achegarán ao público diferentes propostas escénicas galegas, desde o teatro familiar ata o adulto. Todas as representacións serán con entrada libre e gratuíta, sen necesidade de reserva previa.

A programación comezará o venres 31 de outubro ás 20.00 h coa obra A teteira de Kabul da compañía Xarope Tulú, finalista na categoría de mellor proposta de monicreques nos Premios María Casares 2024.

O programa será o seguinte:

 

As funcións realizaranse sempre no Auditorio do Centro Cívico de Malpica.

Para máis información, as persoas interesadas poden contactar co Departamento de Educación e Cultura do Concello de Malpica de Bergantiños, no teléfono 981 707 104, en horario de 9.30 a 14.00 horas.