Malpica presenta un programa de Nadal feito entre o Concello e as Asociacións

O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, e a concelleira de Educación, Cultura, Patrimonio e deportes, Noelia Freijeiro, aproveitaron para presentar o programa na entrega dos agasallos aos alumnos e alumnas gañadores e gañadoras  do Concurso Escolar de Debuxo e Pintura de Nadal.

Outro ano máis, o programa de Nadal do Concello de Malpica chega en estreita colaboración coas entidades do municipio, conformando un programa completo de actividades para este Nadal que rematará o 19 de xanerio do 2024.
As actividades que o integran son moi numerosas e variadas. Haberá artesanía, deporte, música, exhibicións, obradoiros, xogos, campamentos, contos e moito máis.

O programa foi presentado facendo entrega do Concurso Escolar de Debuxo e Pintura de Nadal, resultando premiados Nuno (3º Primaria CEIP JRO), Erishel Mojica (3º de ESO IES Urbano Lugrís), Alexis Ramos Añón (6º Primaria CEIP Milladoiro).

 

Programa