Un concerto para promocionar a Olería de Buño
04 de outubro de 2023 (09:39 h.)
A Asociación da Olería de Buño volve á carga na súa campaña de autopromoción e organiza un concerto-sesión vermú para invitar á comarca a achegarse a Buño.
Este sábado 7 de outubro, a partir das 13:00h, Yaima Orozco e Miguel de la Rosa chegan dende Cuba para ofrecer un concerto de ritmos caribeños.