Corredoiras e compromiso para a 7ª edición da Primavera en Ruta de Senda Nova

7ª edición xa do programa Primavera en Ruta de Senda Nova, que demostra que o sendeirismo segue medrando na Costa da Morte. O local social de Sísamo acollía onte a presentación desta edición que mantén claros os obxectivos cos que naceu o programa máis antigo dos nosos dez anos de historia. Oito rutas cargadas de paisaxe, ecoloxía e cultura polos concellos de Laracha, Carballo, Coristanco, Malpica de Bergantiños e Zas.
”De corredoiras e de compromiso. Un encaixe de bolillos perfeto entre persoeiros das parroquias, Protección Civil, concellos, participantes e voluntari@s de Senda Nova”, así o definen. En todo caso, o programa vese afectado pois a causa do estado do río Anllóns por mor da climatoloxía de intensa choiva, queda abortada a primeira saída prevista para o vindeiro domingo día 3 de abril, quedando aprazada para o domingo 29 de maio. Por este motivo, a primeira das andainas será o domingo día 10 polo Río Chonia.
  Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Senda Nova