Dous novos axentes de Policía Local para Malpica

Onte, graduábanse na Academia Galega de Seguridade Pública os axentes de Policía Local Alberto Fernández e Diego Mínguez. Ata alí desprazouse o rexedor malpicán Eduardo Parga, para darlles a benvida pois son os seleccionados mediante o convenio establecido entre o Concello e a Academia Galega de Seguridade, para comezar a traballar, a partir de hoxe, no concello bergantiñán.