O Entroido de Malpica premia os mellores disfraces e piñatas
Malpica celebrou este domingo, 15 de febreiro, a xornada central do Entroido cos concursos de disfraces e de piñatas, que reuniron participantes adultos e infantís e culminaron coa entrega de premios. No concurso de comparsas e disfraces, na categoría xeral para maiores de 13 anos, o primeiro premio, dotado con 200 euros, foi para O bingo dos pescos. O segundo premio, de 100 euros, recaeu en Cazafantasmas e o terceiro, de 50 euros, en Na procura das bolboretas. Na categoría infantil, de 0 a 12 anos, o premio ao mellor disfrace foi para Elfos do bosque, nunha modalidade na que todas e todos os participantes recibiron un agasallo.
O concurso de piñatas do Entroido deixou como gañadora a proposta O Barco da AC Malante, que obtivo o primeiro premio, de 80 euros. O segundo posto, con 45 euros, foi para A Balea da AC Campal e o terceiro, dotado con 25 euros, para Doces & Mecos. Este concurso levouse a cabo coa colaboación de organizada coa colaboración da Asociación Cultural Malante e da Asociación Cultural Campal.
A entrega de premios tivo lugar ás 19.00 horas, poñendo o broche final á xornada festiva.