Estudantes coruñeses e italianos visitan Malpica

Estudantes do IES Agra do Orzán e do instuto superior Benedetti-Tommaseo visitaron onte o Forno do Forte Alumnos e alumnas do IES Agra do Orzán da Coruña e do instituto superior Benedetti-Tommaseo de Venecia, de Italia, visitaron onte distintos puntos de Malpica nunha actividade que se enmarca dentro do programa de intercambio entre estes dous centros. As mozas e os mozos tiveron a ocasión de coñecer Punta Nariga e tamén o Forno do Forte. No ecomuseo foron recibidos polo tenente de alcalde - Miguel Fernández - que quixo que levasen un recordo aínda mellor da visita facendo entrega dunha xerra ao profesorado do Agra do Orzán e dun pucheiro de encote ao do instituto italiano. Os intercambios entre ámbolos centros, que se remontan anos atrás, teñen compoñentes culturais e sociais. Un grupo de alumnos e alumnas do IES coruñés, entre eles un malpicán, estiveron en febreiro en Venecia, convivindo coas familias dos estudantes que agora visitan A Coruña. A súa estancia rematará mañá. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Malpica