Éxito de participación dos deportistas da comarca no Día do Ritmo en Malpica

O venres 28 celebrouse o Día do Rimo, que a longo das súas edición sempre logra moita participación  de deportistas participantes. O Pavillón municipal de Malpica foi o escenario dun espectáculo de deporte no que acudiron nenos e nenas das Escolas Deportivas Municipais de Malpica, Ponteceso e Cabana e Bergantiños. No evento tamén fixeron a súa fermosa exhibición os nenos e nenas do Club Patín Velúa.