Expectación no primeiro día do centro de saúde de Buño

O horario de funcionamento do centro de saúde de Buño é de 8 a 15 horas Veciños e veciñas das parroquias de Leiloio, Cambre, Cerqueda e Buño estrearon onte as novas instalacións do centro médico que entrou en funcionamento con medio ano de retraso. Así, foron moitos os pacientes que se achegaron ata as novas dependencias para coñecer os seu funcionamento. O Servizo Galego de Saúde - Sergas - ofrecélles unha carteira de servizos que inclúe atención médica á poboación adolescente e adulta e aos pacientes con procesos crónicos, atención domiciliaria, promoción da saúde, receita electrónica, control do tratamento anticoagulante oral con Sintrom, e servizos administrativos. O horario de funcionamento é de 8 a 15 horas e as urxencias seguiranse atendendo no PAC de Carballo e/ou no 061. O número de telefono para a cita previa é 981 95 65 08, e tamén se pode solicitar a través da páxina web do servizo Galego de Saúde.  

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com).
  • Concello de Malpica.