Expectación no primeiro día do centro de saúde de Buño
11:21 05/07/16
O horario de funcionamento do centro de saúde de Buño é de 8 a 15 horas
Veciños e veciñas das parroquias de Leiloio, Cambre, Cerqueda e Buño estrearon onte as novas instalacións do centro médico que entrou en funcionamento con medio ano de retraso. Así, foron moitos os pacientes que se achegaron ata as novas dependencias para coñecer os seu funcionamento.
O Servizo Galego de Saúde - Sergas - ofrecélles unha carteira de servizos que inclúe atención médica á poboación adolescente e adulta e aos pacientes con procesos crónicos, atención domiciliaria, promoción da saúde, receita electrónica, control do tratamento anticoagulante oral con Sintrom, e servizos administrativos. O horario de funcionamento é de 8 a 15 horas e as urxencias seguiranse atendendo no PAC de Carballo e/ou no 061.
O número de telefono para a cita previa é 981 95 65 08, e tamén se pode solicitar a través da páxina web do servizo Galego de Saúde.
Novas relacionadas
- Xuño 2016: O centro de saúde de Buño ponse en funcionamento
- Marzo 2016: Só falta o equipamento para a apertura do Centro de Saúde de Buño
- Xaneiro 2016: O novo Centro de Saúde de Buño estará operativo en breve.
- Xaneiro 2015: O Centro de Saúde de Buño estará operativo en 2015.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com).
- Concello de Malpica.