A Garda Civil comisa 2.000 quilos de sardiña malpicá sen garantías de trazabilidade

Imaxe doutro comiso de sardina pola Garda Civil o pasado ano

Un novo comiso tivo lugar esta mañá na Costa da Morte. Servizo Marítimo Provincial da Garda Civil incautou 2.16 quilos de sardiña en Carballo, despois de ter observado a descarga directa das capturas dun pesqueiro nunha furgoneta no porto de Malpica.

A interceptación realizouse xusto na glorieta carballesa de entrada a AG-55. Unha vez identificado o condutor e propietario da furgnoeta, a Garda Civil comprobou que dentro había 136 caixas de sardiña fresca, sen ningún tipo de documentación que acreditase a súa trazaibilidade nin amparase o seu transporte.

A Garda Civil procedeu á incautación e realizou as pertinentes denuncias, ao propietario da furgoneta e ao marcador do pesqueiro por non declarar as capturas, demorar a comunicación de regreso a porto e superar o tope semanal da especie.

As caixas de sardiñas incautadas, despois de ser pesadas na lonxa da Coruña, foron doadas ao Banco de Alimentos Rías Altas.