Herdeiros e Diplomáticos demostraron estar en forma nun gran Nordestazo

Levaron medalla Os Herdeiros da Crus de Malpida, pero tiveron que compartila cos Diplomáticos e Montealto. As dúas míticas bandas, referencias do bravú e do rock galego dos últimos 30 anos, demostraron esta moi en forma no Nordestazo Rock 2016 de Malpica.

Máis de 2000 ateigaron o campo de fútbol de Pedra Queimada, pero o bo rollo rockeiro invadiu a vila bergantiñá dende primeira hora da mañá. A sesión vermú volveu funcionar de medo, cambiando as orquestras por bandas emerxentes que fixeron as delicias de centos de veciños e visitantes enchendo o paseo marítimo cun fantástico ambiente, e demostrando por que a hostalería, e o pobo enteiro, vai seguir apostando por este festival.

A meirande parte subiron ao campo de fútbol, e moitos aproveitaron o sistema de autobuses excusando de levar o coche, menos os moitos que apostaron por quedar na acampada gratuita. Moitos míticos do mundo do festivaleo galego rocanloreiro non fallaron a súa cita co rockandroll. O ambiente en Pedra Queimada era do máis san, con familias e mesmo un par de despedidas de solteiro. Un dos “sufridores” ata conseguiu as baquetas dunha das bandas.

Ademais do éxito das bandas da sesión vermú, hai que facer unha mención especial para as gañadoras do certame, que souberon encher o escenario a pesar da súa mocidade. Pouco a pouco enchíase o campo e os Bastards invitaron a subir a True Mountain despois de liala ao mediodía. Marky Ramone estivo como se esperaba, tímido trala batería pero o ritmo infernal dos temazos históricos permitiu o maior dos bailes.

Os Diplomáticos de Monte Alto saldaron esa débeda historia con Malpica, mentres que os Herdeiros da Crus fan que o festival siga sendo de Primeira División, nesta a súa ocasión sobre o escenario bergantiñán.

Dende a organización da Tralla queren amosar o seu agradecemento a todas as xentes de Malpica que cederon as súas fincas para poder celebrar o festival en Pedra Queimada, ademais de a todos os asistentes que permitiron unha festa sen incidentes. A idea é repetir porque é un festival que funciona e a xente do pobo vai seguir apostando por el!

Novas relacionadas

Máis novas festivaleiras

  Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Fotos do Nordestazo e vídeos de Javi Lendoiro.