Os maiores de Malpica, en forma coas táboas de María Bardanca

A través do correo da técnica de deportes, María Bardanca (maria.bardanca@malpicadebergantinos.es), a poboación de Malpica pode solicitar unhas serie de táboas de exercicios para garantir o benestar físico á poboación máis maior. Xa superan o medio centenar de veciñ@s @s que as pediron, e seguro que serán moitos máis.

Ao longo da semana pasada xa se fixo entrega ás persoas usuarias do servizo “ximnasia terapéutica”, aínda que están pensados para toda a poboación que máis poida sufrir a falta de exercicio físico.

Novas accións

O Concelleiro Alfredo Cañizo informaba este sábado das novidades.