Máis de 135 bicicletas toman Malpica na súa festa do pedal
A décimo novena edición do Día da Bicicleta celebrouse este domingo en Malpica con máis de 135 persoas inscritas. A actividade deu comezo ás 10:45 horas no Centro Sociocultural de Seaia, cun percorrido de 14 quilómetros que transcorreu por Pontella, Santirso e Cerqueda, e que rematou no Paseo da Praia.
Ao finalizar a ruta, procedeuse á entrega de varios recoñecementos e ao sorteo dunha bicicleta. Xiana recibiu o premio á participante máis nova, entregado polo alcalde de Malpica, Eduardo Parga. Arturo, participante de maior idade, tamén foi obsequiado polo concelleiro Miguel Ángel Fernández Mirás. Juan Luis Casar resultou gañador da bicicleta, no sorteo realizado, entre todos os inscritos.
O Concello de Malpica agradeceu a colaboración das persoas voluntarias, da Policía Local e de Protección Civil polo seu labor na organización e seguridade do evento, así como ás persoas participantes pola súa asistencia.