Xa está en marcha o programa Malpica Verán organizado pola concellería de Cultura. Así, o concello malpicán vén de abrir o prazo de inscrición para dous dos obradoiros que se inclúen dentro da programación.
Trátase, por unha parte, dun campamento urbano infantil que terá lugar do 3 de xullo ao 31 de agosto e que se levará a cabo no centro cívico de Malpica. Haberá dous grupos; un de de 3 a 4 anos e outro de 5 a 8 anos. O campamento ten un custe de 16,29€ ao mes. E por outra parte, tamén xa está aberto o prazo de inscrición para o obradoiro de manualidades "Pintar na rúa" que se levará a cabo entre o 24 de xullo e o 7 de agosto no paseo da praia. Está dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 15 anos. Haberá dúas quendas e o custe será de 11€.
Fonte