Malpica abre o prazo para as actividades culturais e para a cesión de espazos ás asociacións

Xa está o prazo aberto para os obradoiros que porá en marcha este curso a Concellaría de Cultura. Animación Teatral, e Manualidades para peques e maiores son as propostas máis singulares.

Ademais, o Concello abre tamén o prazo para solicitar espazos municipais para a realización de actividaes anuais. As asociacións do Concello deben cubrir as solicitudes antes do 28 de setembro.