O vindeiro 7 de xuño de 2018 cumpriranse 50 anos do asasinato do garda civil José Antonio Pardines Arcay, primeira vítima da banda terrorista ETA, na localidade guispuscoana de Aduna. O axente tiña 25 anos e era orixinario de Malpica de Bergantiños, onde está soterrado.
Con motivo deste aniversario, a Fundación Centro para la Memoria de las Víctimas del Terrorismo (FCMVT), adscrita ao Ministerio del Interior, en colaboración coa Xunta de Galicia, pon en marcha en Galicia diversas iniciativas en recordo da memoria de Pardines e para que sirvan de reflexión sobre o a actividade criminal de ETA.
Entre as iniciativas impulsadas arredor deste aniversario inclúese a publicación do libro Pardines. Cando ETA empezou a matar, que será presentado o 6 de xuño, ás 20:00 horas, en Malpica de Bergantiños, municipio natal de Pardines, na Casa do Pescador
Na presentación da obra intervirán, ademais de representantes municipais e autonómicos, a familia de Antonio Pardines (representada por un irmán), Gaizka Fernández Soldevilla, un dos coordinadores da obra e representante do Centro para a Memoria das Víctimas del Terrorismo; e Javier Marrodán, profesor da Universidad de Navarra e un dos coautores do libro.