Malpica acolleu un encontro da cúpula provincial do PP

Reunión comarcal do PP en Malpica

Ata Malpica desprazouse o reelexido o pasado setembro presidente do Partido Popular da provincia da Coruña. Diego Calvo mantivo un encontro cos alcaldes e voceiros populares da comarca no marco da súa rolda de reunións comarcais pola provincia. “Agora é o momento de incidir máis que nunca en estar á beira dos nosos veciños, escoitalos, acercarnos aos seus problemas e tratar de coñecer o que demandan de nós”, sinalou.

Calvo, que trata así de seguir escoitando as bases do partido, axitou aos militantes co obxectivo máis próximo de recuperar o goberno das tres grandes cidades e, ademais, volver á presidencia da Deputación da Coruña. “Aquí non sobra ninguén e son importantes todos os que veñan sumar”.

Aproveitou para ir debullando liñas de actuación: “Mentres sube a luz, mentres as nosas industrias cerran e mentres vemos como outras comunidades repártense os fondos co único argumento de manter a Sánchez na Moncloa, aquí nós temos que poñernos a traballar para terminar con este trato desde cada un dos nosos municipios”, apuntou.