Malpica agradece a labor de Melanie, Paula Addrea, as heroínas do accidente da Pedra da Arca

Walter Pardo con Melanie

O pasado xoves tivo un lugar dun crú accidente na estrada de Carballo a Malpica a altura da Pedra da Arca, que se saldou cunha vítima mortal. Un suceso terrible que deixou, en calquera caso, 3 figuras reseñables pola súa valentía, e que o Concello de Malpica quixo recoñecer coa entrega dun obsequio da Olería de Buño.

A primeira persoa en dar o aviso ao 112 foi Melanie, veciña de Malpica que pasaba por alí e que non dubidou á hora de parar e auxiliar.

Tamén pasaban por akñi nese momento Paula Godás e Andrea Maceira, técnicas en emerxencias sanitarias, naturais de Verín, que pararon o coche colaboraron nos labores de primeiros auxilios nos primeiros momentos do sinistro, antes mesmo de que chegasen os servizos sanitarios de urxencias.

Segundo explicou Paula Godás, “foi unha situación moi complicada na que a nosa mente traballou todo o rápido que podía”. “Mentres esperabamos a que chegara a asistencia médica intentamos calmar e prestar os primeiros coidados ás persoas afectadas”, relatou. Neste sentido, a verinesa destacou “o traballo e a coordinación dos servizos médicos con nós mesmas á hora de atender ós afectados e tratar de resolver a situación”.

Tanto Paula Godás como Andrea Maceira son técnicas en Emerxencias Sanitarias para o 061 de Santiago de Compostela e durante estes días estaban de vacacións na Costa da Morte. Ambas forman parte do servizo de Ambulancias Sil e operan no Barco de Valdeorras, A Gudiña e Verín, na provincia de Ourense.

Novas relacionadas