Malpica pecha unha nova edición do programa de envellecemento activo con ganas de máis

50 veciños e veciñas de Malpica participaron na última edicióndo programa de Envellecemento Activo Coa entrega de diplomas, unha merenda e baile con música en directo rematou a semana pasada unha nova edición do programa de envellecemento activo promovido pola concellería de Servizos Sociais de Malpica e impartido pola empresa Máis Porvir. Un total de 50 persoas, repartidas entre Malpica e Buño, participaron nunha iniciativa que goza de gran aceptación e que volveu a acadar nas enquisas finais moi boa valoración. A concelleira de Servizos Sociais, Marisol Blanco Gorín, e o primeiro tenente de alcalde, Miguel Fernández, foron os encargados de entregar os diplomas que acreditan a participación e o aproveitamento das distintas actividades. A concellería de Servizos Sociais de Malpica asegura que seguirá apostando por una actividade que potencia a autonomía persoal das persoas maiores, favorece a súa socialización e fomenta a súa participación social. Nesta ocasión, no programa que se veu desenvolvendo durante un mes, traballouse a estimulación cognitiva e a psicomotricidade a través de actividades coma musicoterapia, pilates, xogos de palabras, sendeirismo, decoración de vidro, xogos ao aire libre ou termalismo, que é unha das propostas que goza de maior aceptación. Clausura manualidades
curso-manualidades-malpica Ata o próximo venres, día 29, pódese ver no teleclub de Buño os traballos realizados polas alumnas do curso de manualidades que vén de clausurar a concellería de Servizos Sociais. Chelo García foi a encargada de impartir este curso. O horario da exposición é de 16:00 a 18:00 horas.   Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Malpica