Malpica prioriza sacar adiante o PXOM

Mapa do documento inicial estratéxico dp PXOM muxián
Pouco movementos hai nesta lexislatura arredor dos Plan Xerais de Ordenación Municipal dos Concellos da Costa da Morte. Do de Malpica nin tiñamos novas, ata que o actual goberno vén de anunciar que se pon a traballar na súa aprobación.

En xuño de 2016 a Oficina Galega de Proxectos Arquitectónicos realizara documento inicial estratéxico a partir do cal

O goberno local, de feito, xa fixou unha reunión cos redactores do proxecto esta semana para analizar a situación actual e avanzar “de xeito definitivo para paliar un problema que estivo aparcado nos últimos dous anos”, segundo explicou o alcalde, Eduardo Parga.

“Cremos que Malpica debe de contar urxentemente cun Plan Xeral co que poder resolver a multitude de problemas xudiciais e urbanísticos que se están a acumular co paso dos anos”, engadiu o rexedor.