Malpica proponse conseguir o saneamento integral de todo o Concello
Iniciaranse, pois, os traballos coa recompilación e análise de toda a información da que se dispón en colaboración co persoal municipal. Tamén se acudirá aos organismos supra municipais competentes na materia, como Augas de Galicia ou a Deputación Provincial da Coruña, para facer unha representación do sistema e do seu estado de saúde.
Ademais, darase as solucións necesarias para a optimización e correcto funcionamento das instalacións actuais, tanto da rede separativa como da depuradora, bombeos e tamén dos elementos auxiliares. Buscarase tamén protexer o patrimonio natural do concello de Malpica.
Con este plan intentarase conseguir o “o saneamento integral do municipio”. O alcalde, Walter Pardo, valora este primeiro paso como ‘fundamental para un cambio integral no sistema de saneamento do noso concello, un servizo indispensable que precisa dunha renovación’, sinala o rexedor malpicán, quen agarda que ‘isto supoña unha optimización na calidade de vida de moitas das persoas que habitan Malpica’, sentencia.