Malpica quenta os motores para o Nadal

Membros do concello de Malpica e das distintas directivas mantiveron unha primeira reunión A poucos días para chegar á metade do mes de novembro, o concello de Malpica e as distintas entidades asociativas do municipio xa traballan na programación da campaña do Nadal. Deste xeito, unha das propostas da primeira reunión consistiu, precisamente, en intentar conseguir a implicación do maior número de entidades na organización da cabalgata de Reis, que é un dos actos centrais do cartel e un dos máis esperados polos nenos e nenas. A experiencia deste ano foi un éxito que se pretende repetir e incrementar no 2016. Na reunión, presidida pola concelleira de Cultura, Noelia Freijeiro, participaron representantes de boa parte das asociacións do municipio e o técnico de Educación, Cultura e Turismo, Antón Noceda. A programación pecharase nas vindeiras semanas coas achegas de todas as entidades.   Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
  • Concello de Malpica