![Membros do concello de Malpica e das distintas directivas mantiveron unha primeira reunión]()
Membros do concello de Malpica e das distintas directivas mantiveron unha primeira reunión
A poucos días para chegar á metade do mes de novembro, o
concello de Malpica e as distintas entidades asociativas do municipio xa traballan na programación da
campaña do Nadal. Deste xeito, unha das propostas da primeira reunión consistiu, precisamente, en intentar conseguir a implicación do maior número de entidades na organización da
cabalgata de Reis, que é un dos actos centrais do cartel e un dos máis esperados polos nenos e nenas. A experiencia deste ano foi un éxito que se pretende repetir e incrementar no 2016.
Na reunión, presidida pola concelleira de Cultura,
Noelia Freijeiro, participaron representantes de boa parte das asociacións do municipio e o técnico de Educación, Cultura e Turismo,
Antón Noceda. A programación pecharase nas vindeiras semanas coas achegas de todas as entidades.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
- Concello de Malpica