Malpica rende homenaxe a Rosalía entre caldo, cantos e libros
Este luns 23 de febreiro, o Concello de Malpica de Bergantiños súmase aos actos de celebración do Día de Rosalía de Castro convocados pola Fundación Rosalía de Castro.
A celebración do Día de Rosalía de Castro no Concello de Malpica contará coa colaboración dos seguintes locais de hostalería:
- Bar Hamburgo
- Café Bar Barra
- Bar O Pescador
- Restaurante Casa Antonio
- Bar O Mirador
- Bar Dársena
Os establecementos participantes, na hora dos viños da noite, do luns 23 de febreiro, servirán de tapa un “caldo de gloria”, e o Concello de Malpica de Bergantiños organizará, nese horario, unpasarrúas do Grupo de Cantos de Taberna Asubíos de Seaia da Asociación Cultural e Deportiva Carcaxía que percorrerán os locais que colaboran nesta actividade entre as 20.00 e as 22.00.
Neste ano, a Biblioteca Pública Municipal Eduardo Blanco Amor de Malpica volverá a sumarse a esta iniciativa cunha mostra de publicacións de Rosalía, na propia Biblioteca, e o préstamo de exemplares da escritora a cada un dos establecementos participantes para uso da súa clientela, dende o sabado 21 e o sábado 28 de febreiro.