Malpica vende fotos na lonxa

Fantástica a iniciativa de Oti Fernández mesturando todas as vertentes do mar en imaxes. A I Pescadería Fotográfica trata de unir un pobo mariñeiro tradicional como é o de Malpica co surf a través da fotografía.

Así, a proposta foi invadir o mercado municipal, e cambiar peixe por fotos. Así, as caixas vendían coma se na lonxa se tratase unhas 50 imaxes de 6 fotógrafos que formaban a exposición, sempre cun nexo de unión, o mar.

Así, surf, natureza, paisaxe mesturaban as súas cores para encher de vida o mercado e aproveitar a forza simbólica que ten a nosa bisbarra.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).