Unha marea de actividades para as Festas do Mar de Malpica
Presenta a activa Comisión de Festas de Malpica Mallas Darea, o seu completísimo programa para as Festas do Mar de Malpica. Do 21 ao 24 de agosto, a vila malpicá acollerá s súas festas áis agardadas, que maridarán a verbena cunha marea diversa de cousas. E precisamente aí é onde hai que darlle valor a esta comisión, porque se esforza en ofrecer algo máis que a verbena de sempre.
As festas xa comeza a semana do luns 18 de agosto con atención ás letras. Os cantos de verán, as “Pandereteiras” de Icía e Xosé Manuel Varela, o Ferruchi de Marta Villar ou os artistas de Xurxo Souto invadirán a Casa do Pescador ao longo da semana, para ir quecendo motores.
O xoves 21 haberá unha prefesta sorpresa, e a partir do venres, xa comezan as festas a todo trapo. Serán as Pandereteiras de Mens as protagonistas do pregón, da man de Icía e Xosé Manuel Varela e varios familiares das “Vellas de Mens”. Haberá música, pasarrúas, circo na rúa e unha noite pop de tributo a Fito.
O sábado, fútbol con donato, pasarrúas, vermú, tardeo, obradoiros, karaoke, e verbena con La Bamba e Verónica Romero, acabando as dúas noites con sesión dj.
E para o domingo, xadrez, vermú, música tradicional, regueifa, batucada,, a esperada Procesión Marítima (ás 17:30h) e noite cos Festicultores, a banda ourensá que está facendo vibrar a toda a comarca este verán. Para pechar as festas, fogos de artificio pasada a media noite.