Miguel Varela, novo edil no goberno de Malpica
22 de outubro de 2020 (23:12 h.)
Trala dimisión, en silencio, do concelleiro Daniel García Reigía, esperaba o goberno tripartito de Malpica esa peza que faltaba. Apenas 15 despois da asemblea, é o novo portavoz municipal Miguel Varela, o que tomou posesión, no pleno extraordinario celebrado este mércores, da acta de concelleiro de Deporte, Mocidade e Novas Tecnoloxías.