Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Asemblea do BNG de Malpica espera solventar os “problemas de coordinación” para ratificar o pacto de goberno

Imaxe dun mitin do BNG de Malpica do pasado mes de xullo
Imaxe dun mitin do BNG de Malpica do pasado mes de xullo
A Asemblea do BNG de Malpica espera solventar os “problemas de coordinación” para ratificar o pacto de goberno

Este pasado sábado, o BNG de Malpica convocaba unha Asemblea da súa militancia para facer unha “reflexión e revisión sobre o pacto firmado un ano e ver a perspectiva para os 3 anos vindeiros”, como nos explica Miguel Varela. Unha sesión que serviu para “facer unha análise en profundidade sobre o proxecto político, sobre o que levamos conseguido e sobre o que queda por desenvolver”.

Se ben recoñece que “o tema covid non axudou a desenvolver o cambio de modelo político polo que apostamos” no seu día, recoñece que “si que hai cousas que mellorar en temas de coordinación e comunicación entre os grupos de goberno”.

Deste xeito, esperan á reunión que van realizar co PSOE e co edil non adscrito Alfredo Cañizo, onde abordarán estas problemáticas concretas “poñendo os puntos que están fallando e os que necesitamos mellorar por todas as partes”, para poder ratificar definitivamente o pacto firmado. En todo caso, sinala que “non é un ultimatim nin moito menos”.

Na Asamblea tamén estivo Dani Pérez, o primeiro deputado do BNG da Comarca de Bergantiños, no Parlamento Galego, que se achegou para darse a coñecer e para recoller inquedanzas e propostas, así como poñerse a nosa disposición para traballar en todo o que a comitiva malpicá considere necesario.

Novas relacionadas

Comentarios