Monte D’Arxa estrea nova directiva para seguir facendo parroquia

Nova directiva da Asociación Monte D'Arxa de Cerqueda

Segue facendo parroquia a Asociación Monte D’Arxa. E faino deste este domingo cunha nova directiva, escollida na Asemblea Xeral celebrada no Local Social das Pozacas. Unha cita que ademais serviu para comprobar o ben que lle senta a zona ese magnífico milladoiro erguido co esforzo dos propios veciños, como lle gusta facer ás xentes da parroquia de Cerqueda.

A nova directiva está composta por (de esquerda a dereita na foto): José Manuel Pose Chouciño (vocal); Xosé Manuel Varela Varela (secretario); Rita Pose Varela (tesoureira); María Begoña Gómez Otero (vicepresidenta); Manuel Chouciño Garrido (presidente); Manuel Díaz Fernandez (vocal); Isabel Chouciño Varela (vocal) e María del Rosario García Pose (vocal).

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).