A Mostra de Olería de Buño fundiuse coa música tradicional na súa 40ª edición

Inauguracion da 40 Mostra da Oleria de Buno con Maria Canedo O RUlo e Manuela de Mariñán

De “impresionante” tilda a secretaria da Asociación da Olería de Buño o desenvolvemento da 40ª edición da súa Mostra. Unha edición especial, e comprometida, desenvolta coa única colaboración da Deputación da Coruña e as entidades O Quinteiro de Buño e Terras de Buño.

A artesanía foi protagonista, sendo as demostracións ao torno o fío da programación, pero a música estivo tamén moi presente, porque a foliada marida á perfección coa olería.

O xoves da inauguración con toda a familia oleira

A Mostra arrincaba o xoves coa inauguración da man de Manuela de Mariñán (“a eterna señora dos fumes”), reivindicando o importe papel da muller na Olería, Manuela estivo vinculada dende nena á Olería de Buño, e aínda se sinte activa para colaborar este ano coa cocedura.

O venres e o sábado foron os días de máis xente, alterándose as actuacións de grupos tracicionais como Malante ou Do Rivés, coa demostracións ao torno do Rulo, Pablo Risco ou Rubén de Risco. Os obradoiros de barro para criaturas son sempre un exitazo.

Tamén houbo espazo para un faladoiro, que deixou interesantes conversas sobre o Cancioneiro de Buño, e esa maridaxe entre música e olería. Ademais da potente queimada do Quinteiro, e da simpatiquísima regueifa dos Suso e Antonio de Xornes, a xornada tivo un fermoso pico na actuación das Raigañas no vermú dominical, que sacou a bailar a toda a vila.

Baile tradicional coas Raigañas
 
Azafatas da Mostra de Oleria de Buno con Wyoming