O #12do12ás12, cadea humana pola Atención Educativa Hospitalaria e Domiciliaria
Serán Nieves e Hadrián os que vaian en cabeza. Pero detrás irán centos de persoas na Cadea Humana que van organizar este sábado 12 de decembro ás 12:00 (#12do12ás12) en Malpica as Anpas Galegas.
Unha cadea a prol dunha correcta atención educativa hospitalaria e domiciliaria para aquelas nenas e nenos que non poidan asistir a clases por razón de longa enfermidade. Unha cadea que serve para esixir que se elabore unha normativa que estableza cal debe ser a atención necesaria educativa para cada nena ou neno enfermos. E as ANPAS Galegas teñen cofras, a súa demanda é fixar un estándar de 12,5 horas semanais.
Loita mariñeira
Ese mesmo día, as mulleres dos mariñeiros do cerco farán cadea humana en San Caetano, ás 12 dese mesmo día para solidarizarse con aquelas nenas e nenos que non poidan asistir a clases por razón de longa enfermidade solicitando a elaboración dunha normativa xusta que contemple a necesaria atención educativa.
Ás mulleres do cerco tócalles ese día estar en Santiago, pero tamén queren participar na nosa cadea humana, aínda que sexa a distancia.
- Nieves e Hadrián encabezarán unha cadea humana por unha correcta atención educativa hospitalaria e domiciliaria.
- “Eu non veño polas horas do meu fillo, senón polas horas de todos os fillos enfermos”.
- O Conselleiro deixa plantada a nai do malpicán Hadrián.
- As Anpas Galegas inician unha campaña de reivindicación por unha correcta atención educativa para os alumnos enfermos.
- Hadrián, punta de lanza para unha campaña galega pola atención hospitalaria e domiciliaria
- A federación de Anpas da Costa da Morte reúnese coa nai de Hadrián
- Por unha atención educativa domiciliaria decente para Hadrián
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
- Confederación de Anpas Galegas