O BNG de Malpica protesta, de novo, polo estado da Rúa Canido

O BNG de Malpica envía hoxe un comunicado no que denuncia o estado lamentable da Rúa Canido. "Xa fai moito tempo que o denunciamos nun Pleno, pero tempo pasa e o verán está a chegar", denuncia o seu voceiro Roberto García Ferreiro.

Denuncia o voceiro da oposición que na revista recentemente editada polo grupo de goberno malpicán aparece como proxecto realizado, e cita textualmente, "acondicionamento da rúa Canido". García Ferreiro deixa estas imaxes para valorar se os traballos de acondicionamento son reais ou non.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Malpica.