Venres. 26.04.2024
El tiempo

Roberto García presentou o novo equipo do BNG de Malpica

Roberto García presentou o novo equipo do BNG de Malpica
Roberto Garcia na presentacion do BNG Malpica

O BNG presentou o pasado venres a súa candidatura para gobernar Malpica de Bergantiños a partir do 22 de maio. O acto de presentación tivo lugar no Restaurante Casa Elías (estivo seguido dunha cea de confraternidade entre militantes e simpatizantes do BNG) coa presencia dun cento de persoas que arrouparon o novo equipo do BNG para a localidade. 

"Unha candidatura completa e representativa"

Roberto García, candidato do BNG á alcaldía de Malpica de Bergantiños, centrou a súa intervención na presentación e explicación da súa candidatura. O candidato do BNG destacou que se trata dunha candidatura representativa do concello malpicán, onde todas as parroquias están representadas por varias persoas no conxunto da candidatura. 

Roberto García tamén salientou que entre os vinte e tres nomes que compoñen a lista do BNG (os 13 postos titulares e o máximo de 10 suplencias permitidas pola lei) se procurou combinar, ademais da territorialidade, o equilibrio de xénero e a combinación de mocidade (tres dos cinco primeiros postos están ocupados por mozos e mozas que aínda non chegan aos trinta anos) coa experiencia.

O BNG de Bergantiños apoiou a candidatura de Malpica

No acto de presentación estiveron tanto responsables orgánicos do BNG de Bergantiños (Milagres Lantes, Xosé Regueira ou Vítor Recarei) como os candidatos á alcaldía do resto de concellos da comarca, que respaldaron na súa totalidade a candidatura de Malpica de Bergantiños.

Carlos Aymerich aposta por devolver aos concellos o seu papel orixinario

Lista do BNG Malpica

  • 1. ROBERTO GARCIA FERREIRO (CANDIDATO).
  • 2. MARIA DEL ROSARIO FERNANDEZ CANCELA (MALPICA).
  • 3. FRANCISCO XOSÉ GORÍN MOREIRA (BUÑO).
  • 4. MARIA DEL MAR ORDÓÑEZ VARELA (SEAIA).
  • 5. DANIEL GARCIA REIGÍA (CERQUEDA).
  • 6. JULIO NIETO ANDRADE (LEILOIO).
  • 7. JOSE MANUEL BLANCO POSE (CERQUEDA).
  • 8. ISABEL CAMIÑO MOUZO (MALPICA).
  • 9. SAGRARIO VIDAL VARELA (BEO).
  • 10. MARIA JOSE CAMBÓN VARELA (MENS).
  • 11. ABEL VILLAR NOVO (CAMBRE).
  • 12. JOSE ALEJANDRO COUSILLAS FARIÑA (BARIZO).
  • 13. OLALLA TRIGO CAAMAÑO (BUÑO).
  • 14. MARIA DEL CARMEN VARELA MATO (LEILOIO).
  • 15. MARIA DOLORES MATO LEMA (MALPICA).
  • 16. JESUS CAMBÓN GARRIDO (MENS).
  • 17. LUIS CANTO SUAREZ (LEILOIO).
  • 18. AGUSTIN LEMA VERDES (MALPICA).
  • 19. ESTEBAN GARCIA VILLAR (CAMBRE).
  • 20. EMMA ABELLA CRUZ (MALPICA).
  • 21. JOSE REINO COTELO (PONTELLA).
  • 22. GUMERSINDA VEIGA COUSILLAS (MALPICA).
  • 23. MANUEL ORDOÑEZ VARELA (SEAIA).

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios