A obra de Braulio Pérez Atray presentarase este venres na Casa do Pescador de Malpica
22 de maio de 2024 (17:28 h.)
A Casa do Pescador de Malpica acollerá o venres 24 de abril, ás 19.00 horas, a presentación do libro “Médicos e medicina rural na Costa da Morte. A figura do doutor Manuel Pérez Maroño”, escrito por Braulio Pérez Atray, director adxunto da Fundación Universidade da Coruña.
O libro céntrase principalmente na figura de Manuel Pérez Maroño pero tamén é unha homenaxe aos médicos do rural. Ao evento asistirán representantes do Concello de Malpica, e Carmen Blach de Hércules Ediciones.