Os Oleiros sacan adiante a XXIX Mostra de Olería de Buño
25 de xullo de 2024 (09:44 h.)
Volven os Oleiros facerse coa Olería de Buño. Tras unha edición de Mostra de Olería sen oleiros, a Asociación da Oleriros de Buño toma o mando e organiza a XXIX edición, co apoio da Deputación e a Asociación de Veciños O Quinteiro. A Mostra desenvolverase entre o 1 e o 4 de agosto.
O epicentro da Mostra, onde irá a caseta e a carpa da exposición, será no Parque García Alén, e a programación irá saíndo ao longo desta semana nas redes sociais da oleríadebuno.