Praceiros e alcalde continúan a loita no Mercado de Malpica

Continúa a problemática no Mercado de Malpica. O Concello vén de emitir un comunicado para proceder ao desaloxo dos praceiros, que se aferran como poden aos seus postos. De feito, os placeiros estudian recorrer a sentenza de desaloxo que emitía a semana pasada o xulgado do contencioso da Coruña.

A problemática vén de lonxe. Os placeiros, unha vez rematada a súa concesión, queren preioridade para manter os sues postos no mercado. O alcalde quere que se subasten ordinariamente.

Con todo, parece que antes do día 13 deste mes de maio, os autónomos terán que deixar os seus stands, pero o proceso xudicial podería durar meses e mesmo anos. Iso si, mentres están a impedir que se leven a cabo as reformas do edificio a modo de protesta. Unhas obras que esixe a Consellería de Sanidade.

Postura do BNG

Pola súa banda Roberto García Ferreiro, voceiro do BNG, quere deixar clara as súa postura sobre este complicado asunto. García Ferreiro non entende que o alcalde "airee tanto na prensa este problema" e menos que "venda a resolución do último auto do xuíz, coma un gran vitoria ao seu favor". Para García Ferreiro Eu "é un fracaso da dialéctica, xa que non foi quen de dialogar e levou ao concello de Malpica a un proceso xudicial".

Ante o interminable destes prcesos, Ferreiro agarda unha "terceira orde xudicial de desaloxo en menos dun mes".

Novas relacionadas

Fonte

  • La Voz de Galicia.