Martes. 30.04.2024
El tiempo

Continúa aberta a problemática cos placeiros de Malpica

Continúa aberta a problemática cos placeiros de Malpica
Continúa o complicado proxecto da reforma do Mercado de Malpica. Os placeiros seguen sen permitir o comezo das obras da reforma, que están financiadas polo Plan E e que deberían estar rematadas antes de final de ano. Onte, xoves 14 de outubro de 2010, de feito, o tema foi o punto principal no pleno. Os placeiros queren manter os dereitos asinados no 1984 a través dunha na concesión de 20 anos. Deste xeito, a concesión xa está expirada e sería necesaria unha nova negociación. Con todo, aquel contrato apuntaba que ao rematar a concesión se lle devolverían os cartos, o que segundo a secretaria e interventor é ilegal. Así mesmo, aquel contrato impedía o traspaso dos postos malia que estea a ser unha práctica habitual. A decisión do concello de sacar a concurso as 30 novas prazas non foi ben aceptada no mercado de abastos e os placeiros mantéñense firmes nos seus postos. Os placeiros xa teñen avisado que non se moverán ata que se lles garanticen os mesmos dereitos.

O pleno de onte

No pleno de onte, a corporación votou en contra de extinguir os contratos asinados en 1984 con vixencia, en principio, ata o 2004. Entrementres esas concesións seguen sendo válidas, pero non se pode sacar a concurso as novas prazas abertas que quedan entre as 14 que hai actualmente e as 30 que se prevén. A cousa ten pinta de non solucionarse con facilidade. Concurso, subasta, renovación... o tema dará que falar.

Comentarios