Primeiras festas do ano na Costa co San Xulián de Seaia
07 de xaneiro de 2011 (09:33 h.)
Nada máis comezar o ano xa se abre a tempada de verbenas na bisbarra. Os primeiros son os veciños de Seaia, parroquia de Malpica, que esta fin de semana celebran o San Xulián con orquestras de primeiro nivel.
Hoxe venres 7 de xaneiro, toca festa coas orquestras Olympus e Océano. Mañá sábado actuarán os gaiteiros da asociación cultural malante. Sesión vermú con Los Trovadores e Samba. E verbena con Samba e París de Noia.
E xa o domingo, haberá misa ás 12h30, e de seguido procesión coa banda de gaitas maruxía de laxe. As festas pecharanse coa sesión vermú coa orquestra samba.
Máis información
Fonte
- Redacción de FRan Lago para QPC e radiONeria.
- Parrandeiros da Costa da Morte.